23 diciembre 2005

O parto da Autonomía


Aínda que esta páxina non é política e teoricamente non abrangue namais que ó noso Val, coido que nada que pase co Estatuto lle é alleo. Hoxe traigo unha reflexión do historiador Ramón Villares, que foi reitor da USC.
"Repensar os inicios do atual Estatuto de Autonomía e, por ende, da posta en marcha do actual réxime autonómico en Galicia significa voltar a mirada un cuarto de século atrás, por mais que se deba facer desde a perspectiva do presente." Ler mais...

16 diciembre 2005

Anuncio da Banda Ancha para Os Ancares


Xosé Luis Coedo Novo, presidente da Rede Rural de Desenrolo Ancares, e alcalde de As Nogais, anunciou ó remate da xuntanza da directiva de este órgano, un proxecto financiado polo Plan Leader Plus e o Goberno Central, que permitirá a implantación da banda ancha en todo-los pobos dos Ancares. Mais información...

15 diciembre 2005

Os núcleos rurais deberán ter 100 mtrs rozados o seu arredor


A Xunta obligará os concellos a que os núcleos rurais estén rozados ou de cultivo nunha extensión de 100 mtrs. arredor da poboación. Se queredes ler a nova completa aquí na Voz de Galicia.

13 diciembre 2005

Estudos científicos sobre o Val


Hai un estudo feito no ano 1.997, polo enxeñeiro de montes, Abel Yáñez Armesto, titulado:Estudio da apicultura do Val de Rao, situación actual e propostas de mellora, no que fai un traballo moi completo ademais de, e por suposto sobre Apicultura, tamén sobre Xeoloxía, Edafoloxía- que ven a ser o estudo sobre os tipos de solos e a acción do home sobre estos-, Vexetación, Fauna, Clima, e o Medio Socioeconómico.
Hoxe vamos a centrarnos sobre a Climatoloxía. Os dados que a mostra a táboa están tomados por Abel Yañez do Centro de investigacións Forestais de Lourizán, procedentes da estación de Folgueras de Aigas, entre os anos 1.981 e 1.996. Se queredes ver o cadro con detalle, só tedes que premer sobre él.
Para entender mellor a táboa, poño de seguido a chave dos símbolos:
t = Temperatura media
tM = Temperatura máxima media
TM =Temperatura máxima absoluta
tm = Temperatura mínima media
Tm =Temperatura mínima absoluta
P = Precipitación mensual
Como podedes observar a táboa e de 650 mtrs, hainas tamén de 450 e 900 mtrs. Sigue un estudo moi profundo que non é para profanos coma min sobre evapotranspiracion potencial, continentalidade térmica, amplitude térmica anual, etc. , que mellor deixalo para entendidos na materia
Pero botando unha pequena ollada o cadro de arriba, vemos como a temperatura media de todos os meses mais quentes do ano non soben mais alá dos 20 grados, pero se ollamos na TM, e decir Temperatura máxima absoluta , temos en xuño 41, 7 grados, que é unha temperatura que normalmente pensamos que non adoita darse nestas latitudes, se exceptuamos a torridez de este ano 2005, ou de hai dous anos como cousa excepcional.
E as precipitacións tampouco semellan ser moi abondosas, pois 818 l. , é mais ben pouco, é casi dun val mediterráneo. Pódense sacar mais conclusións, e non estaría demais ter unha táboa como esta desde 1.997 a 2.005 para ver si se manteñen estos valores ou hai deriva climática, cousa que coido que debe ser así. Xa seguiremos aprofundando no tema. Como cantaba o cantautor Xerardo Moscoso de Voces Ceibes : " Galicia non é tan verde coma din, que a teñen falseada os poetas larpeiros".
Grazas a estudos coma este sabemos un pouco mais da nosa terra.

09 diciembre 2005

Páxinas web do Val de Rao


Non sei se sabedes que no Val de Rao hai tres pobos con páxina web. Efectivamente a primeira por orde de aparición que eu saiba foi a de Laxo que tamen ten un foro, despois apareceu a de Coro, e a última é a de Murias, Non hai moito recibín unha mensaxe de un rapaz chamado Miki que dí estar facendo a de Robledo, xa a veremos cando esté feita, co cal xa serían catro. Non está nada mal.
O caso é que da a impresión que o Val está informatizado, nada mais lonxe da realidade, pois todos estos webmasters son esforzados traballadores en Madrid, Barcelona ou Ponferrada que na súas horas libres fan o esforzo de dar a coñecer na medida das súas posibilidades o recuncho onde naceron elos ou os seus pais, e queren dalo a coñecer polo mundo adiante. Azos para todos elos, e desde aquí os meus parabens. Pero como vos ía decindo no Val de Rao non hai nada, por non haber non hai conexión a internet, aínda que este ano estiveron os de Telefónica cambiando os teléfonos TRAC por outros novos, pero unha proba que intentei eu facer ca conexión este vrao, a verdade é que ía a pedales; e outra cousa os vellos teléfonos non os cambiaron a todos. É decir que seguimos na idade de pedra. Amén. Na foto vemos o logo da web de Murias, que collín sin o permiso do seu dono, espero que me perdoe.

Unha corense na final de Teatro da VANGARDA 2005


Esta nova mandouna A Curuxa do Cesto da Vara, senon igual non nos enteiramos. O caso é que A Curuxa estaba tomando as augas en Carballo, bueno tomaba mais as augas do ceo porque chovía, que as augas termais, e cando foi o teatro a ver o final de teatro de Vangarda 2005, alí atopou a Noelia de Morodo de Coro actuando co grupo finalista de Lugo In Bocca al Lupo. Noelia é a que vemos enguruñada no primeiro plano. Esta noticia podédela ver mellor na seguinte ligazón,
e tamén hai unha explicación ben choqueira do noso amigo A Curuxa do Cesto da Vara aquí.

Novas do Val do Rao


Esto quere ser un como un taboleiro de anuncios de todo o Val de Rao, da igual o pobo que sexa, eu coido que en todos hai os mesmos problemas, e o principal é que esta terra está casi despoboada: " o vento da emigración" que cantaban Fuxan Os Ventos, esparexeunos por todo-los recunchos de este mundo cabrón. Xa que todo O Val do Rao está fora, esta é unha maneira de estar comunicados e non perde-las raíces, aínda me lembro eu daquela serie: Raíces. Eu estaba moi lonxe, e sentíame un puco como aquelos negros.
Podedes seguir este Blog polo feed, é decir con un lector e poñendo este enderezo: http://valdorrao.blogspot.com/atom.xml , tamén de momento entrando na páxina web de Coro: http://www.aldeadecoro.com , mais adiante xa veremos si mais páxinas o queren engadir. A terceira forma sería entrando directamente neste enderezo: http://valdorrao.blogspot.com
Outra cuestión e a escolla da lingua galega, contestareivos cos versos do noso amado poeta Celso Emilio :
"Língoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo"
....................
Si queredes que vos poña algunha nova neste taboleiro, somentes me tedes que enviala a este endererezo: valdorrao@gmail.com . Non necesariamente teñen que ser novas de última hora , tamén poden ser cousas de interese para todos nos ou temás de reflexión, así coma historia da zona, etc.
Apertas para todos, e espero as vosa novas, eu pola miña parte, irei poñendo aquí todo o que teña a mao.