13 diciembre 2005

Estudos científicos sobre o Val


Hai un estudo feito no ano 1.997, polo enxeñeiro de montes, Abel Yáñez Armesto, titulado:Estudio da apicultura do Val de Rao, situación actual e propostas de mellora, no que fai un traballo moi completo ademais de, e por suposto sobre Apicultura, tamén sobre Xeoloxía, Edafoloxía- que ven a ser o estudo sobre os tipos de solos e a acción do home sobre estos-, Vexetación, Fauna, Clima, e o Medio Socioeconómico.
Hoxe vamos a centrarnos sobre a Climatoloxía. Os dados que a mostra a táboa están tomados por Abel Yañez do Centro de investigacións Forestais de Lourizán, procedentes da estación de Folgueras de Aigas, entre os anos 1.981 e 1.996. Se queredes ver o cadro con detalle, só tedes que premer sobre él.
Para entender mellor a táboa, poño de seguido a chave dos símbolos:
t = Temperatura media
tM = Temperatura máxima media
TM =Temperatura máxima absoluta
tm = Temperatura mínima media
Tm =Temperatura mínima absoluta
P = Precipitación mensual
Como podedes observar a táboa e de 650 mtrs, hainas tamén de 450 e 900 mtrs. Sigue un estudo moi profundo que non é para profanos coma min sobre evapotranspiracion potencial, continentalidade térmica, amplitude térmica anual, etc. , que mellor deixalo para entendidos na materia
Pero botando unha pequena ollada o cadro de arriba, vemos como a temperatura media de todos os meses mais quentes do ano non soben mais alá dos 20 grados, pero se ollamos na TM, e decir Temperatura máxima absoluta , temos en xuño 41, 7 grados, que é unha temperatura que normalmente pensamos que non adoita darse nestas latitudes, se exceptuamos a torridez de este ano 2005, ou de hai dous anos como cousa excepcional.
E as precipitacións tampouco semellan ser moi abondosas, pois 818 l. , é mais ben pouco, é casi dun val mediterráneo. Pódense sacar mais conclusións, e non estaría demais ter unha táboa como esta desde 1.997 a 2.005 para ver si se manteñen estos valores ou hai deriva climática, cousa que coido que debe ser así. Xa seguiremos aprofundando no tema. Como cantaba o cantautor Xerardo Moscoso de Voces Ceibes : " Galicia non é tan verde coma din, que a teñen falseada os poetas larpeiros".
Grazas a estudos coma este sabemos un pouco mais da nosa terra.

No hay comentarios: