09 diciembre 2005

Páxinas web do Val de Rao


Non sei se sabedes que no Val de Rao hai tres pobos con páxina web. Efectivamente a primeira por orde de aparición que eu saiba foi a de Laxo que tamen ten un foro, despois apareceu a de Coro, e a última é a de Murias, Non hai moito recibín unha mensaxe de un rapaz chamado Miki que dí estar facendo a de Robledo, xa a veremos cando esté feita, co cal xa serían catro. Non está nada mal.
O caso é que da a impresión que o Val está informatizado, nada mais lonxe da realidade, pois todos estos webmasters son esforzados traballadores en Madrid, Barcelona ou Ponferrada que na súas horas libres fan o esforzo de dar a coñecer na medida das súas posibilidades o recuncho onde naceron elos ou os seus pais, e queren dalo a coñecer polo mundo adiante. Azos para todos elos, e desde aquí os meus parabens. Pero como vos ía decindo no Val de Rao non hai nada, por non haber non hai conexión a internet, aínda que este ano estiveron os de Telefónica cambiando os teléfonos TRAC por outros novos, pero unha proba que intentei eu facer ca conexión este vrao, a verdade é que ía a pedales; e outra cousa os vellos teléfonos non os cambiaron a todos. É decir que seguimos na idade de pedra. Amén. Na foto vemos o logo da web de Murias, que collín sin o permiso do seu dono, espero que me perdoe.

No hay comentarios: